menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A Panorama vive no futuro

9 0
04.06.2024

Estrear roupa para a misa da mañá, vomitar á noite nos coches de choque: esas eran as festas, cando neno, de Eugenio na parroquia. Despois fixo os trece, meteuse no seu cuarto, pósters do Che Guevara e auriculares que afogaban o rebumbio do torreiro. Agoa xa vai para un ano que Ugío estuda en Santiago (dous, que o primeiro foi de proba: Filoloxía Galega non ía de pintar cartolinas con estreleiras) e anda en Historia moi convencido na idea de limpar tanta aldraxe que sobre o país guindaron hordas de féridos e escuros.

Esta noite toca a Panorama no Obradoiro. Ugío arrédase da xente que vai enchendo a praza, ensaiado o sorriso irónico de galego consciente e máis o cruce de brazos, mantendo a distancia cos Porsches que escuros escintilan fronte o Hostal dos Reis Católicos. Un hóspede axita o iPhone na recepción: berra tanto que non dá decidido se chamar primeiro á Policía, a Paradores en Madrid ou ao seu avogado. Galicia? Tranquila, ideal para desconectar, dixéranlle. E o escenario chantado no outro estremo do recinto, inda baleiro e insondábel, semellante a unha nave extraterrestre a piques de que alguén meta a chave e prenda o motor, non ten traza de anunciar tranquilidade ningunha.

Antes........

© Galiciaé


Get it on Google Play