menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A felicidade previsible

12 0
02.01.2024

Ánxel Fole odiaba ter horarios. E a obriga dos compromisos sociais. Tamén os bailes e as casas de putas. Entón que lle gustaba? Unha tertulia cos colegas, quedar pampo diante dun solpor, camiñar pola montaña. E as mulleres, si eran vistas dende lonxe. Cóntao Ángel de la Vega en Ánxel Fole, 101 anécdotas (Galaxia, 2003). Case igual que Paco del Riego, vamos. Imaxino os dous nunha sitcom compartindo piso, como Jack Lemmon e Walter Matthau en Estraña parella (Gene Saks, 1969, Filmin). Ao vixente protagonista do Día das Letras encantáballe o Nadal, co balbordo e as panxoliñas. Alguén que nace o día despois de Reis xa vén de fábrica ca marca do festeiro. De Fole non sabemos se aguantaba estoicamente estas festas ou participaba delas con certo entusiasmo.

Un pode ter certa aversión co Nadal si é o irmán de Hans Gruber, que se meteu tamén a terrorista despois de que Bruce Willis o chimpase do Nakatomi Praza cando lle deu por secuestrar, en Noiteboa e en Malo de matar —Die Hard, 1988, coñecida como La jungla de cristal— este rañaceos onde tan tranquilamente estaban de parranda. Tamén coincidiremos en que moito persoal........

© Galiciaé


Get it on Google Play