menu_open
Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A cancelación do xabaril

8 0
08.10.2024

Acéndese a luz, ábrese a porta, dela sae un home en roupa interior e camiseta —desas que pon: estou xubilado, a miña xefa é a muller— e na man leva unha escopeta. Apunta, trabándoa entre os dentes, ca lanterna do móbil. Vai levantando moito os pés —para non facer ruído contra a herba— paseniño cara a horta. Calaron os cans. Non se atreven a seguir. Só se escoita o vento pasarlles por entre os lombos de punta. Detense a escoitar contra a nogueira. Un par de gruñidos de porco, unha silueta que se move, e alí vai un tiro, bam, e outro tamén, bam bam.

Aquí un pode andar a tiros na súa casa con total normalidade, como se isto fose Idaho: temos o mesmo respecto reverencial cara o que sucede na propiedade privada. Resulta de pésima educación non saudar a quen atopas no camiño, cousa que só fan os túzaros ou os turistas, pero darlle os bos días a un que está a tomar o café dentro da finca bordea a violación de morada. Sendo razoables, o de matar á familia só sucede de cando en vez mentres que o xabaril anda a meterse nas leiras todo o tempo.

Os vellos non acordaban de ver........

© Galiciaé


Get it on Google Play