menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Cienc-IA

25 5
22.02.2026

Nature fíxose eco da polémica xurdida arredor dunha das conferencias científicas sobre intelixencia artificial máis importantes do mundo, despois de que se detectase un uso masivo de IA na revisión por pares dos artigos enviados para a súa posible aceptación. Trátase da Conferencia Internacional sobre Representacións da Aprendizaxe (ICLR), que terá lugar en Río de Janeiro o vindeiro abril.

Unha análise realizada pola empresa Pangram Labs sobre 75.800 revisións correspondentes a case vinte mil artigos recibidos —case catro revisións por artigo— revelou que máis dunha quinta parte foran xeradas integramente por IA e que máis da metade amosaban indicios claros do uso de modelos de linguaxe para tal fin. Tamén se detectou a utilización de IA na redacción dos propios artigos enviados a dita conferencia, aínda que en menor medida.

As sospeitas de que isto podía estar a ocorrer partiron de investigadores que recibiron revisións dos seus artigos excesivamente longas, demasiado vagas, con citas........

© Faro de Vigo