Banda, mar e pobo
Rafa Agulló e Herminio Gómez recollen o diploma acreditativo. / Garabato-Photo
Hai momentos nos que a música consegue cambiar a atmosfera dun lugar. En Pontevedra, bastou que a Banda de Música Municipal de Silleda comezase a tocar para que o público se deixase levar. As obras do certame tiñan o mar como fío condutor, e cada unha foi debuxando unha paisaxe distinta: a calma, a forza, o movemento. Por momentos, podiamos sentir como o mar nos envolvía.
A banda acadou 95,80 puntos, quedou en segundo lugar e recibiu o premio á mellor posta en escena dunha obra galega. Son recoñecementos que falan da calidade da........
