menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Non á guerra, pola paz e a democracia

19 0
10.03.2026

Politólogos e historiadores coinciden en que o mundo atravesa un momento decisivo, retrocede a democracia e a defensa dos dereitos conquistados dende 1789, ano da revolución burguesa coa que se iniciaba unha nova era. Crébase hoxe a orde mundial, o dereito internacional e os dereitos humanos, recoñecidos tras a Segunda Guerra Mundial, nun período de posguerra no que Europa e tamén os EUA de Roosevelt procuraron diminuír a desigualdade por medio de políticas públicas de vivenda, educación e sanidade, ademais de recoñecer os valores democráticos da liberdade de prensa, asociación e as garantías da autonomía do poder xudicial.

Marco que o actual presidente Trump transgride co seu ordeno e mando, cando, e isto non é insignificante, a economía dos EUA, a superpotencia do século XX, perdeu a súa hexemonía, fronte o crecemento de China, que lle cuestiona o seu dominio nos campos científico, tecnolóxico, da intelixencia artificial e da propia Big Data. Pelexa pola hexemonía económica e militar na que Europa, onde aumentan os discursos fascistas seguidores da doutrina trumpista, perdeu moito peso no mercado mundial, como demostra o feito de que en 1980 a economía europea era dez veces maior ca de........

© Faro de Vigo