menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Isaac Fraga, unha vida para cine

7 0
latest

As figuras do cine vigués do século XX son mellor recoñecidas. Velaí a biografía de José Gil Gil —publicada no libro de Manuel González Nos anos encantados de agosto (Galaxia 2022)— o fotógrafo de Rubiós, creador de Galicia Cinegráfica (1923), autor de Miss Leyda (1916), a primeira curta galega de ficción, e da nosa «saída de traballadoras da fábrica» (1928, La Artística e Talleres Alonarti). Eis a biografía de José Antonio Durán de Cesáreo González, propietario Suevia films, produtora en cuxa imaxe ondeaba a bandeira viguesa sobre a ría. Velaí os artigos recentes reivindicando a figura do distribuidor Emilio Baños Santos, do que se di comezou a súa carreira nos cines Royalty e Rosalía de Castro vendendo caramelos e despois se iniciaría como axudante de cabina no Tamberlick. Sen esquecer os libros de Xoán Acuña (1999) e Francisco Rozados (2003) sobre Chano Piñeiro, pioneiro do cine galego, director de Sempre Xonxa (1989).

«Faltaba na bibliografía viguesa unha biografía protagonizada por o exhibidor que contou en Vigo con dez pantallas de proxección»

«Faltaba na bibliografía viguesa unha biografía protagonizada por o exhibidor que contou en Vigo con dez pantallas de proxección»

Sen embargo, faltaba na bibliografía viguesa unha........

© Faro de Vigo