Idus de marzo
Despois dun primeiro tempo marabilloso en Salónica, unha exhibición de fútbol moderno, caracterizado polo xogo asociativo e os escintileos diferenciais de talentos individuais, o Celta volveu moi reforzado no emocional e esperanzoso no deportivo. Claudio acertou cen por cen co plan daquel partido no Toumba, estadio difícil para os visitantes, que intimida aínda máis ao equipo arbitral. A pesar da vitoria axustada, vares á parte, a afouta actuación celeste xerou unha gran emotividade nas novas xeracións de celtistas, que acompañan a un equipo que está recuperando a autoestima de hai vinte e cinco anos cando aquel cadro europeo de Víctor Fernández e Mostovoi foi considerado, nalgún momento, na clasificación da UEFA como «o mellor equipo do mundo».
Xaora, Giráldez, o artífice de semellante milagre, é consciente de que a esta altura da tempada non pode deixarse levar polos ventos tan perigosos dos idus de marzo, dando xa por feita a superación do play-off co Paok, o que non vai ser doado; como pensar que na Liga vai ser cómoda a clasificación en prazas europeas, obxectivo sempre moi difícil. Por ventura, Claudio fixo caso omiso a semellantes cantos de serea e asumiu a importancia do partido do Mallorca de Arrasate, en posicións de........
