Carencias do Celta
Tras a extraordinaria proeza do pasado xoves en Lyon, onde o Celta xogou un partido memorable de fútbol de precisión e dominio, na tarde de onte, tras poñerse por diante con tres goles, fixo unha lamentable segunda parte onde un equipo de xogo irrecoñecible recibiu catro goles dun Alavés que, con Quique Sánchez Flores aínda non coñecía a vitoria, levando os tres puntos, probablemente, de forma inesperada para os propios babazorros. A típica celtada que, por coñecida, non deixa de ser dolorosa: cando queda prendido no corno da lúa, soñando con acadar os maiores logros (neste caso volver a xogar unha semifinal europea), o que enche de fachenda e ledicia ao celtismo, a seguir o Celta renuncia ao seu xogo ordenado e combinado en campo contrario e durante a segunda parte recibe unha goleada, que avergonza ao celtismo e desincha calquera tipo de entusiasmo. Gozar do mel e sufrir coa fel en apenas catro días; recoñecer a ledicia e a tristura nos rostros dos celtistas; escoitar o entusiasmo e a decepción nas declaracións dos xogadores... Unha proeza e unha desfeita en apenas catro días nos que Vigo atópase ás portas da Reconquista.
Asumir con paciencia esas celtadas, esas fraxilidades inesperadas do xogo e dos resultados, esa mudanza dos ventos que pasan de........
