Beiras, o tempo dun salaio
Admiro a Xosé Manuel Beiras por asumir a responsabilidade política histórica de unir a lexitimidade do galeguismo que formou parte da Fronte Popular, na que militou o seu pai, co soberanismo galeguista anticapitalista actual. Tarefa pola que durante seis décadas loitou arreo nas formacións nacionalistas que liderou, o PSG, o BNG e Anova-Irmandade Nacionalista. Admiro ao Beiras escritor, tradutor e editor galego. Autor dun dos libros de ensaio máis relevante da segunda metade do século XX, O atraso económico de Galicia (1972), por ventura obra superada, o seu pensamento económico impregnou na facultade de Económicas da USC, da que foi fundador e catedrático, que durante a Reforma Política formou a futuros líderes da autonomía e do municipalismo.
Como participou do proxecto de Laiovento, a editora que fundou en 1990 con Manuel González Millares, o libreiro Xesús Couceiro e os editores Pepe Carreiro e Francisco Pillado, seu amigo do corazón, tamén pianista, responsable do nome da editorial traído do Pazo de Laiovento, que existía só nas páxinas dunha peciña teatral de Otero Pedrayo. Editora compostelá que abriu o seu catálogo cun título seu: Prosas de combate e maldicir (1991) e onde........
