A primeira industria cultural viguesa
En varias oportunidades, cando me preguntan sobre o estado da edición, as interlocutoras non me cren cando lles digo que o negocio dos libros non debe ir tan mal, xa que se anuncian novos proxectos editoriais e na metrópole (Vigo e comarcas da Louriña, Val Miñor e Morrazo) son 34 as editoras de libros impresos e dixitais, contando as pequenas independentes e as medianas, propiedade dun grupo editorial español ou transnacional. E se cren que é hipérbole, velaí a relación das editoras: Agoeiro, Belagua, Clío, Creotz, Cumio, Cuarto de inverno, Cydonia, Dismes, Dos acordes, Edimaes, Elvira, Engaiolarte, Euseino, Fosfatina, Galaxia, Instituto de Estudios Vigueses, Ideas Propias, Ir Indo, Lobito Bueno, Lusco e Fusco, MC Sports, Moléculas, Morgante, Nova Galicia edicións, Patas de peixe, Plutón Kids, Rinoceronte, Sept, Sushi Books, Solar de edicións, Tambre, Triqueta Verde, Trymar e Xerais.
E as que queren saber xa poñen cara de ferreiro cando lles digo que co estudo de comercio interior de libro do Ministerio Cultura na man entre todas as editoras viguesas facturan 18 millóns de euros a prezos de capa, dos que arredor de 8 pertencen ao libro galego impreso. Un sector con inequívoca vontade........
