A lámpada de Claudio
"Chiño", onte en Balaídos. / Marta G.Brea
A clara derrota do xoves pasado na Selva Negra que, se non o evita esta semana un milagre deportivo de proporcións históricas, supón o remate da participación do Celta na actual competición europea, tras unha traxectoria excelente, ademais de causar un importante desgaste emocional dos cadros de xogadores e de técnicos celestes. Crise de confianza dun equipo roto no psíquico e cansado no físico causado por un calendario endiañado de partidos transcendentais. Desgaste que dalgunha forma desvelaba Claudio Giráldez nunhas declaracións rutineiras ao regreso de Friburgo nas que confesaba que o seu equipo non renunciaba a eliminatoria e que a necesidade de superar unha diferencia de tres goles faríao máis perigoso para os alemáns.
Con esa confianza inquebrantable nas posibilidades de competir do seu equipo, sexan cuns efectivos ou con outros, o adestrador celeste axitou onte a súa lámpada de rotacións para enfrontarse ao pechacancelas, o Real Oviedo de Guillermo Almada, ilusionado polos últimos resultados para evitar un descenso que hai un mes parecía inevitable. Claudio confiou nunha medula defensiva na que Aidoo e Álvaro Núñez acompañasen a Marcos Alonso, a pesar de que funcionara fatal diante do........
