Bendito Nolan
Una escena de 'La Odisea'. / EPC
Acudín a ver La Odisea, de Christopher Nolan, tratando de abstraerme por completo de todas as críticas que me chegaban en cadea a través de diferentes vías e confeso que tamén bastante farta: de súpeto aparecen «expertos» da Odisea por aire, mar e terra; os puristas botan as mans a cabeza horrorizados, falando do filme con tal grao de indignación, que isto para min funcionou como gasolina para ver a película con entusiasmo. Coma se o desprezo daqueles fose o meu impulso principal (non é así, mais no artístico e nas paixóns, a hipérbole paréceme un recurso necesario).
Unha das escenas da película que máis críticas recibiu recrea o encontro do ciclope Polifemo con Odiseo. Eu quedei atrapada na dimensión física do xigante animatrónico e, mentres contemplaba como devoraba soldados, non podía deixar de pensar no Saturno goyesco.
Saturno devorando o seu fillo é unha das obras máis estarrecedoras de Francisco de Goya. Forma parte das chamadas Pinturas Negras, unha serie composta por catorce murais que Goya pintou directamente sobre as paredes da súa casa, La Quinta del Sordo —sen ningunha intención de ser mostrada ao........
