menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Veraneantes de caché… ou era chalé?

16 0
30.06.2026

Turistas consultando un mapa en Vigo. / Pablo Hernández Gamarra

Xa están aquí, entre nós. Como cada verán, chegaron atraídos polo bo tempo —sen excesos, que para iso somos un refuxio climático—, pola beleza das nosas rías, polo ben que se come nesta rexión periférica, polo bo humor e a retranca tan propia dos galegos… Atopámolos en todas partes, como se formasen parte dunha migración masiva, coma as sardiñas, os chinchos ou as rinchas que enchen as nosas costas por estas datas. Adoitan vir en parellas ou en rabaño, aínda que tamén teño atopado algún solitario en busca de aventura. Falo, como a maior parte de vostedes xa suporá, dos veraneantes.

Notei o cambio xa hai unhas semanas, coa chegada de xuño. Pero agora xa non teño dúbida. Imposible aparcar o coche preto da casa, colas no supermercado, na farmacia, na peixaría, nos accesos ás vilas e praias… E temos variedade: por unha banda, os veraneantes de toda a vida, a maior parte dos cales xa ten casa propia ou un........

© Faro de Vigo