Esperar é unha arte que cansa
Dúas persoas esperando fronte ao mar. / Brais Lorenzo
A Galicia emigrante adoitaba volver á casa polo Nadal, nas festas patronais, para podar as vides ou cando podía ou lle cadraba. Fíxoo mentres viviron as matriarcas dos clans, marionetistas dun fío invisible que xunguía vontades. Turrando polos cabos, devolvían ao lume do lar os afastados, fose cal for a distancia.
Aos orfos de vivos, quen quedabamos atrás, de garda na terra nai, adestrábannos dende meniños na sufrida tarefa da espera. O tempo era un manancial de estacións do que emerxían en forma de días valados que saltar para chegar á meta: reencontrármonos cos nosos........
