Dóeme América Latina
O presidente electo de Colombia, Abelardo de la Espriella. / Andrés Loz
Sentado diante da fiestra sigo a darlles voltas ás incribles, por racistas, palabras do ínclito Mariano Rajoy sobre os compoñentes da selección francesa. Como se pode ser tan ruín e, ao tempo, tan ignorante para deixar por escrito tamañas barbaridades? Reflexiono e chego á conclusión de que son o reflexo dos momentos que estamos a vivir, en que a extrema dereita non se agocha. Antes, vivían na cova: non se atrevían; agora, están ben orgullosos da súa ideoloxía tan perversa.
A piques de estoupar, prefiro determe (para liberar angustias) na nova de que ao meu admirado e querido Xosé Neira Vilas se lle dedicará o Día das Letras Galegas 2027. Un acerto sen ningunha dúbida. Ninguén pode esquecer a traxectoria auténtica dun autor que fixo da emigración, do campesiñado galego e dos nenos pobres o eixe da súa literatura. Miro máis aló da fiestra e creo distinguir un neno que debuxa un tenro sorriso. Supoño que é Balbino, o protagonista das célebres Memorias dun neno labrego, quen sorrí. O neno semella querer........
