menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O desprestixio da memoria

16 0
20.05.2026

Unha das capacidades marxinada polas tendencias pedagóxicas de finais do século pasado foi a memoria. Primeiro, porque se confundiu con memorismo, de xeito similar a como ocorreu con autoridade e autoritarismo; e segundo, pola súa suposta oposición ao razoamento lóxico. Igual que en tantas outras cuestións, no ámbito educativo temos pasado dun extremo a outro, sen unha previa investigación rigorosa. Certo é que en tempos non moi afastados a memoria prevalecía sobre calquera outro método de aprendizaxe, e os alumnos víanse obrigados a memorizar contidos innecesarios e, sobre todo, sen comprensión previa. Pero non tiña sentido dar un bandazo e reformar os currículos oficiais, enchéndoos de habilidades e competencias, en menoscabo de capacidades esenciais na aprendizaxe, pois abondaba con corrixir concepcións........

© La Voz de Galicia