O Couto mixto, unha democracia inédita no seu tempo
O Servizo de Publicacións da UVigo publicou no ano 2000 o libro de Luís M. García Mañá “Couto Mixto. Unha república esquecida”, que tivo varias reedicións. Trátase dun traballo de investigación rigoroso sobre as orixes dunha entidade territorial con personalidade xurídica semellante á dun Estado. Tiña soberanía, goberno e ordenamento xurídico de seu que rexía a organización social daquela comunidade asentada na fronteira entre Galicia e Portugal. Un microestado de 29,6 kms. Forman parte do seu territorio as freguesías de Santiago Rubiás, Rubiás e Meaus. Do outro lado da raia, a freguesía de Tourém, que se comunicaba co Couto Mixto a través do Camiño Privilexiado, chamado así porque os que transitaban por el transportando mercadorías podíano facer libremente sen pagar ningún gravame fiscal, nin seren amoestados polas autoridades fronteirizas.
Este micro estado desapareceu en 1864 por mor da Lei de Lindes acordada polos gobernantes de España e Portugal. A derradeira autoridade -presidente de goberno e xuíz- foi Delfín Modesto Brandón. Disolta a entidade xurídico-política a súa historia foise desdebuxando na brétema........
© La Región
