menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O meu dia ideal de verán

12 0
29.07.2026

Un bo día de verán sería, sen dúbida, facer unha boa camiñada rematada por unha excelente comida coa familia. E propoño isto porque, a parte do saudable que é camiñar tal e como aconsellan con bo criterio os médicos, a min sempre se me deu por levar o andante a moitos lugares para gozar deste esplendoroso país onde por sorte nos tocou vivir. Para contemplar (e algunhas veces interpretar) os soberbios escenarios cos que se engalana con frecuencia a nosa “paisaxe”; ese termo co que identificamos ese anaco de territorio, pagus ou país no que os filólogos acreditan a orixe da palabra; dende os extensos areais do litoral ata as altas montañas orientais, pasando polas grandes chairas interiores, os centos de outeiros e os dez mil ríos de Cunqueiro.

O certo é que eu sempre camiñei moito; dende que acompañaba meu pai sendo case un neno na procura das perdices, alancando entre xestas e toxeiras polas pinas costas do Furriolo; para logo chegar derreado e coas pernas picadas que axiña se me viña á mente aquilo que nos dixera un vello cazador de coellos que atoparamos en Congostro........

© La Región