O engano do multilateralismo e a Facenda propia como imperativo nacional
A subordinación política e o seguidismo ideolóxico teñen un custo económico non aturábel para o pobo galego. A posición de Alfonso Rueda e do PPdeG, plenamente secundada polas teses centralistas que de xeito mimético asume o PSdeG, amosa unha falla evidente de ambición nacional. Ambas as dúas forzas prefiren aliñarse cos intereses das súas direccións en Madrid antes que defender o noso autogoberno, actuando conscientemente como delegados de provincia dun centralismo voraz. O máis grave desta submisión é que tanto populares coma socialistas asumen o relato da multilateralidade fiscal sendo plenamente conscientes de que é letal para os intereses de Galicia. Achegamos só o 5,4% do PIB e o 5,2 % da poboación, mais somos unha nación definida, cuns alicerces económicos que para o conxunto do Estado son prescindíbeis Cómpre un xiro copernicano: a afirmación dun soberanismo bilateral alicerzado nun novo sistema tributario emerxe non só como unha opción de dignidade, senón como un imperativo urxente de supervivencia........
