Bendita terra
Escoitei as verbas do título deste artigo o sábado 29 de agosto na Carballeira de San Xusto, no concello de Cerdedo-Cotobade, nas palabras de benvida do alcalde Jorge Cubela, sen dúbida un galeguista exercente, convencido do piar ideolóxico fulcral da formación política que máis se parece a Galicia. Agradecino especialmente e así llelo dixen. Pronunciadas nunha paraxe tan nosa como poucas e diante dos que traballamos para mellorar Galicia, Nai e Señora.
Conxurámonos para vernos no verán do 27 co ourensán Núñez Feijóo como presidente do Goberno de España. Persuadidos da vitoria nas urnas que traerá consigo, se me permiten, unha “xeración do 27 política” no centenario da do grupo de poetas máis brillante co que contou España no século vinte. Por certo que García Lorca escribíu........
