menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A Galicia da excelencia

1 0
latest

Cando falamos de Galicia, referímonos a unha terra que converte os seus recursos, a súa tradición e maila súa experiencia, nunha fonte de riqueza e oportunidades. Eu penso que poucos eidos económicos galegos reflicten mellor esta afirmación que o sector agroalimentario; de xeito especial, o amparado por selos de calidade diferenciada.

Consonte a isto, se existe un ámbito no que Galicia construíu unha identidade propia e diferenciada -eu falaría dun verdadeiro concepto alimentario de país-, é o da produción amparada polas trinta e seis entidades oficiais de calidade que posuímos na nosa terra. Eis a “Galicia da excelencia”, un concepto vivo e real, afastado da abstracción, que se expresa cada día no traballo de milleiros de gandeiros, agricultores, viticultores, transformadores e outros profesionais que apostan por ofrecer produtos senlleiros, recoñecíbeis e ligados ó noso territorio. Todos eles fan que este sector constitúa un dos nosos principais motores económicos posto que xera máis de cen mil empregos, contribúe de........

© La Región