“O bosque animado”: os animais
Días atrás lin de novo “O bosque animado”, de Wenceslao Fernández Flórez. Desta, a versión en galego, tradución de Xela Arias, protagonista das Letras Galegas de 2021. O asunto do bosque, a fraga, é apaixonante como símbolo da nosa etapa salvaxe, a máis primitiva. Representa a paisaxe virxe -o “saltus”-, non intervida pola acción humana. É o espazo natural por excelencia, a que antecede e se opón aos artificiais panoramas agrarios -o “ager”- e ás áreas urbanas. Dende este punto de vista a antropoloxía -e a historia- distinguiu entre as paisaxes naturais ou salvaxes fronte as artificiais ou culturais, iniciadas estas últimas a partir do mundo campesiño, co Neolítico.
Nos sei se lembrarán que xa escribín sobre esta mesma novela hai case dous anos no “Diarios do Pasado”. Referíame naquel momento a algúns dos protagonistas humanos: a Moucha, meiga oficial do........
