A disciplina nos tempos de Luís Tobío
Ando a ler a tradución que Juan Durán-Loriga fixo do libro de Luís Tobío titulado “Recuerdos de un diplomático intermitente”, editado que foi por Editorial Dos Soles cunha introdución do propio Durán-Loriga. É un libro ameno, fiel retrato dun tempo e dun ambiente cales son os que corresponden á vida da diplomacia nun reino, este de España, que en tempos exixiu nobreza de sangue, tanto pró acceso a ela como a algunha forza armada. Sucedía así nos tempos de María Pita, de xeito que o seu terceiro esposo (ela tivo catro) foi quen lle aprendeu a ler e fixo dela a gran empresaria que foi. Sancho de Arratia era capitán de mar, ou sexa, era da nobre condición que foi exixida ata ben tarde. O cuarto tamén foi nobre e escudeiro da Real Audiencia. Chamouse Gil Bermúdez de Figueroa.
A lectura do libro de Luis Tobío, que era do que falabamos, susténtase pola atractiva personalidade do autor, pero tamén no tempo no que viviu a súa profesión en Bulgaria que, por certo, non foi non moito. Axiña todo se veu embaixo a empuxóns da Guerra Civil que,........
