menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Editorial do Castro, Díaz Pardo e a memoria que é Historia

2 1
previous day

Editorial do Castro, Díaz Pardo e a memoria que é Historia

A poliédrica actividade de Isaac Díaz Pardo podería analizarse dende moitos vértices, máis de xeito monolítico nunha, que é a de dignificar Galiza, re-creando dende as tradicións e das orixes nas que radica a orixinalidade. Persoeiro de raiceiras ben prendidas naqueles versos que lle dedica, sendo neno, o pai, o escenógrafo Camilo Díaz Baliño, vilmente asasinado polos fascistas nunha cuneta de Palas de Rei, nada máis dar o golpe do estado e comezar a guerra:

Prendinlle na cabeza do meu fillo, /unha estreliña /forxada na irmandá / e quero ver brillar á lus d´esa estreliña / hastra chegar cegar. / Que vexan os demais n´esa estreliña / a luz da Libertá. / Que vexan que o tesouro máis querido / o ten o seu brilar. / Estreliña feituca de cariños, / estrela do meu lar, / que sempre te levei como reliquia / da Terra, Dios e Nai, / xa te deixo prendida no meu fillo / para sempre endexamais.

E pouco máis habería que dicir pois á sombra destes versos acontece a teoría, a praxe e o compromiso de Isaac, que tivo como padriño ao empresario de teatro e cine, Isaac Fraga. Versos que se complementan coas fotos familiares que quedan, nas que reborda agarimo e se deixa sentir a esperanza que o pai pon nos fillos e no futuro de Galiza.

A vida e obra de Díaz Pardo é de fondo carácter social, sementando igualdade, liberdade, creatividade, ética e estética. Confiado no ser humano, até entregalo todo, mesmo sen mirar a quen. Creador que deixa atrás a súas cotizadas habilidades de pintor para vertelas –en tempos vixiados, os da Longa Noite de Pedra, de exilio e emigración– nas “Industrias da memoria”: as cerámicas do Castro, de Sargadelos, o Museo Carlos Maside... o Instituto Galego da Información.... Espazos fabrís, de praxe, aos que sempre se engaden os de cultura, auditorio, biblioteca, museo... Empresas que dignifican........

© La Opinión A Coruña