menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O tempo é un lugar

35 0
14.04.2026

RECOÑECIDO na súa autoría pictórica, nas súas superficies de cor e poesía onde semellan repousar a experiencia do vivido, o observado e asumido como parte dun proceso de experimentación, agora, Ánxel Huete sorpréndenos dende o emprego da palabra na construción doutro territorio que, como afirma no prólogo o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, «xorde do alento pictórico». Sorpresa porque dende unha primeira experiencia na que reunía 18 poemas con debuxos do autor, esta inmersión completa no eido pictórico, está chea de bondades creativas e mesmo formais, facendo de ‘A distancia do século’ un honesto lintel que atravesar para achegarse máis a fondo a unha das figuras claves da plástica galega das últimas décadas.

Baixo a edición de Galaxia e cun espléndido prólogo de Xosé María Álvarez Cáccamo, magnífico coñecedor do creador e da persoa, e co que xa colaborou en diferentes textos e publicacións, e ao que se achegou ben a fondo en ‘As artes da vida de Ánxel Huete’ (Laiovento), este ronsel de poemas, dividido en tres actos, en tres fragmentos de........

© Galiciaé