menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

República e What If...? (e II)

36 0
19.09.2026

«Realmente tivo a República oportunidades de gañar a Guerra Civil ou, polo menos, de acadar unha fase que lle permitise entrar en negociacións cos militares alzados en xullo de 1936?»: velaí o inquérito que algúns de entre os lectores destas liñas semanais lle propuxeron ao responsable das mesmas e ao cal tentei ofrecer algunha resposta na anterior crónica e aínda no texto que xa segue. Non obstante, e de novo a petición dalgún lector (e tamén amigo), quixera precisar brevemente que vén ser aquilo que se ha de considerar válido/inválido no eido da historia contrafactual, da historia alternativa ou do «what if...?».

Pescudar, examinar..., conxecturar que podería acontecer se, por xemplo, Karl Marx habitase na Palestina dos tempos de Cristo ou se as naves de Colón se tivesen afundido durante a primeira travesía: eis dous exemplos inservibles nas coordenadas do «what if...?» académico. Indagar como se tería desenvolvido a Segunda Guerra Mundial se os alemáns levasen a termo a, de certo proxectada, Operación Félix: tal proceder........

© Faro de Vigo