Vivir a Semana Santa
Procesión dos Pasos polo casco vello de Baiona. / ALBA VILLAR
Xa estamos en plena Semana Santa. Aínda que iso de «santa» igual é moito dicir hoxe en día. De cativo, o que máis me gustaba desta época do ano, ademais das vacacións e do bo tempo —se había sorte—, era o roscón de Pascua. O que me daba a miña madriña, si, pero sobre todo o que facía a miña nai na casa. Pecho os ollos e ata podo ulilo. Desfacíase na boca, coa súa manteiga, o azucre por riba… Un espectáculo. O roscón e as películas da Biblia que botaban na televisión: Ben-Hur, Espartaco, Os dez mandamentos... Igual por iso dise que os clásicos nunca morren… ou polo menos resucitan cada ano por estas datas.
Moi relixioso non son, xa o teño dito nalgunha ocasión. Pero teño que admitir que un ano participei nunha procesión na miña vila. En Baiona temos........
