Durmirse no peirao do porto de Vigo
Vista da terminal Ro-Ro de Bouzas. / FDV
Ao porto de Vigo sáenlle inimigos —competidores— por todas partes. Nótase que lle vai ben e, xa se sabe, sempre que a un lle vai ben, outros queren o mesmo e non escatiman en esforzos para conseguilo. Hai uns días publiquei unha extensa reportaxe nas páxinas de Economía deste xornal sobre a resiliencia da factoría do Fragoso para arrepoñerse a ducias de crises desde que abriu as portas alá por 1958. Pero non citei a importancia que tivo —e ten— o porto de Vigo no éxito da antiga Citroën. Stellantis e porto, porto e Stellantis, forman unha simbiose perfecta. Pero ollo, como dixen antes, hai inimigos que ameazan con poñerlle fin. Sobre todo no sur, en Portugal.
Os amigos do outro lado da raia téñeno clarísimo. E non van parar ata facerse cun cacho da torta de Stellantis. Primeiro foi Leixões, o gran porto do Porto, que, ademais de querer arrebatarlle o........
