O(s) autismo(s). Pasado, presente e futuro (e II)
O coñecemento que vamos tendo do(s) autismo(s) partindo das súas singularidades e complexidades, baseadas nas diferentes teorías, así como na práctica do traballo do día a día, axúdannos a apoialos de cara a súa inserción social e de emprego. Estamos convencidos de que en moitas persoas con TEA, as súas diferenzas neurolóxicas estarán recoñecidas e respectadas como unha categoría social, de cara o seu achegamento o concepto de neurodiversidade e/ou neurodiverxencia, en confrontación coa considerada discapacidade no contexto do mundo neurotípico.
Se o trastorno dunha persoa con TEA é un hándicap para a inclusión polas súas características e as demandas sociais da contorna, isto significa que un diagnóstico de TEA baseado nas avaliacións da conducta poderían cambiar considerablemente, no sentido de que a mesma persoa poida vivir feliz co seu comportamento autista nun outro contexto, cando atope o seu lugar preferido, pero verse afectada noutros lugares que sexan menos compracentes.
O desafío de cara o futuro será como garantir que se escoiten todas as voces diversas dentro dos autismos, con ou sen discapacidade intelectual e/ou da linguaxe. Tamén existe a necesidade, como en toda a ciencia, de permitir o traballo teórico xunto coa investigación cun impacto práctico obvio e directo, recoñecendo que os beneficios concretos a miúdo xorden non planificados de liñas de investigación inesperadas. Como poden algunhas nenas/os con autismo adquirir unha linguaxe aparentemente sen demora ou atípica, dado o papel aparentemente vital do procesamento social (p. ex., o recoñecemento das intencións do falante) na aprendizaxe de palabras? Cal é o papel da discapacidade motriz, ou algún déficit aínda non cuantificado na acción volitiva, na discapacidade da linguaxe das persoas con autismo minimamente verbais?
Se o trastorno dunha persoa con autismo é o dunha función determinada da interacción entre as características da persoa e as demandas da contorna, isto significa que un diagnóstico de autismo baseado en avaliacións de comportamento actuais podería potencialmente ter un camiño de ida e volta. É dicir, a mesma persoa pode vivir feliz cos seus trazos autistas nun determinado contexto cando atopa o seu nicho, pero se ve afectada noutro contexto que sexa menos compracente.
As investigacións futuras dos autismos deberán ocuparse desde a infancia, a súa evolución, desenvolvemento e sobre todo do envellecemento, non só por razóns de planificación senón tamén por problemas de prevención e de saúde. Os cambios cerebrais na idade adulta poderían darnos pistas sobre a bioloxía dos autismos e das afeccións, como a demencia ou a comprensión neurobioloxíca do alzhéimer. Os cambios na cognición coa idade é outro tema importante na variabilidade da vida nos adultos, a través de criterios de avaliación máis amplios coa propia persoa con TEA e a súa familia. Sería tamén necesario investigar se as taxas de enfermidades mentais ou físicas relacionadas coa idade están elevadas nos autismos e por que, a través de investigacións epidemiolóxicas.
Noticias relacionadas y más
O(s) autismo(s). Pasado, presente e futuro (I)
68 huevos de Pascua para Aldeas Infantiles: la dulce reivindicación de inclusión de Menela
Que el fin del mundo nos pille de vacaciones
Se os autismos ata agora seguen sendo un diagnóstico puramente da conduta, xorden preguntas importantes sobre como o recoñecemos nas mulleres ou nos anciáns, e ata que punto permitiríamos que as informacións xenéticas e o medio ambiente (fenotipo) se desvíen da nosa noción actual e aínda se chamen autismos.
Suscríbete para seguir leyendo
