menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Por que pagou Inda a defensa de Koldo García?

17 0
13.11.2026

A crónica xudicial e política do Estado asiste, pampa, a un dos episodios máis singulares do chamado caso Koldo. A aparición de dúas facturas emitidas polo despacho IDBO Consultants S.L.U. (do que é directora xurídica a avogada de Koldo García no seu proceso penal, Leticia de la Hoz) á empresa Dos Mil Palabras S.L., editora do xornal dixital Okdiario, que dirixe Eduardo Inda, pon no foco unha encrucillada de extraordinaria gravidade. Falamos de duas facturas, por xunto 242.000 euros -IVE incluído-, polo concepto “Honorarios, aranceles y gastos por asesoramiento jurídico y procedimientos del señor D. Koldo García”.

Porén, diante do balbordo mediático, a empresa dirixida por Eduardo Inda exerceu o seu dereito de rectificación a respecto de varios media, alegando que a devandita cantidade responde a un contrato pola compra de dereitos de autor para un libro e unha serie documental. A verdade, non lles albisco a relación entre a versión rectificatoria e o que din as facturas.

Se fose certo que ese diñeiro se pagou exclusivamente por dereitos audiovisuais, estariamos diante dun evidente delito de falsidade en documento........

© La Región