menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Tempo de berros e insultos

27 0
09.09.2026

Dende hai case sete anos vivimos nun tempo onde os berros e insultos normalizáronse. Xa son norma non escrita que campa nunha parte da sociedade e que incluso é seguida polos máis novos que berran seguindo consignas das que nun futuro terán que arrepentirse. Todo comezou con aquil “me gusta la fruta”, pero que na realidade era “hijo de puta”, dirixido ó presidente do Goberno. A banalidade e os instintos máis primarios agochan e arredan á reflexión do que logo debe expresarse.

Agora resulta que a culpa de todos os grandes problemas do Estado é dunha única persoa. Os partidos da oposición non fan propostas diante os grandes asuntos que reclaman unha solución, por exemplo o tema da vivenda. Todo o mundo sabe que hoxe acceder a unha vivenda é realmente case imposibel, sobor de todo para os máis novos. Mais tamén todos os cidadáns deberían saber que as competencias de vivenda están cedidas ás Comunidades Autónomas. E que os concellos tamén teñen a súa parte de responsabilidade, pois poden ofertar solo máis barato, cousa que non fan. Mais cal é a realidade: o........

© La Región