Primeiro, os dereitos humanos
Nestes días fálase moito dos dereitos humanos e se en determinados países estes dereitos básicos con vulnerados. E a colación deste asunto tan importante para a humanidade, pois son moitos os estados onde estes dereitos son ignorados, escoitei falar a un exministro afirmando que, por riba das crenzas relixiosas, están os principios que inspiran e marcan estes dereitos. Ou sexa: por riba dos credos e mandatos relixiosos están os dereitos das persoas.
Entendo que esta afirmación pode traer debate para algúns, pois a día de hoxe é moi común escoitar á moita xente que afirma que Deus está por riba de todo. Iso foi o que nos ensinaron en relixión, Deus creou o mundo e os seus mandamentos están por riba de toda decisión humana. Mais, casos houbo, e hainos, nos que, diante determinado fanatismo relixioso, a Xustiza dálle prioridade a vida dun ser nacido diante crenzas que impiden que se tomen accións na busca da curación dunha........
