menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Odio no ollar e no falar

10 0
latest

Non sei se o fan para dar a nota e así saír nos medios, ou se o fan seguindo o mandato dos seus xefes políticos. O certo é que as intervencións desta xente chama e moito a atención. Non argumentan, non falan con normalidade. Pola contra, berran e xesticulan facendo que, coa súa pregunta, a institución se alporice e os da súa bancada, como se fosen zombis, aplaudan e peten nos escanos para quentar máis o panorama. Vamos, todo un circo que desvirtúa a institución na que debera reinar a palabra argumentada e serena e mantela fóra do berro e do chalaneo circense.

Xa non hai parlamentarios brillantes de oratoria fluída, xente que dicía con educación e moita elegancia cousas serias sen empregar o berro chocalleiro destes representantes actuais que falan igual que se estiveran nunha taberna onde reina o discurso esaxerando que sementa tensión social. Ben sei que, ás veces, hai máis educación nalgunhas tabernas que nesa institución pública que son o Senado ou o Congreso. Por desgracia xa non está o sr. Roca nin Rubalcaba e outros........

© La Región