E agora que?
O que pedía dimisións de todos os concelleiros e do alcalde, o que tachaba de inútiles a todos os funcionarios, o que montaba sempre un espolio en cada reunión plenaria, o que non cobraría o soldo de alcalde e o que ía arranxar todos os problemas dos ourensáns en moi pouco tempo, despois desta imputación de hai uns días ten a oportunidade de demostrar que o que lle esixía ós demais cargos públicos vai cumprilo el e deixa a cadeira de mando. Ou sexa: que dimite. Iso sería ser coherente co que predicaba. O demais son contos dun charlatán.
A situación á que chegamos era algo que estaba escrito de antemán. Supoño que moitos ourensáns lembrarán as palabras do Sr. Feijóo cando afirmou que, se chegaba á alcaldía, Jácome sería letal para a cidade das Burgas"
Non sei o que acontecerá despois da imputación. Mais temo que co andado, Jácome non se apeará do cargo de alcalde desta urbe ida a menos. Alguén, despois de coñecer a nova da Xustiza, díxome: “A ver se as cousas se arranxan e no Concello comeza........
