A mensaxe de León XIV e os riscos da IA
Avisita do papa León XIV deixounos unha mensaxe cargada de humanidade e de tolerancia. O arrecendo positivo desta visita puxo por riba das nosas conciencias realidades das que se poden extraer algunhas lecturas, dado que deixan ó descuberto contradicións importantes na vida de moitos que se din cristiáns e que a día de hoxe son practicantes. A principal mensaxe, na que fixo moito fincapé, foi no grande problema da emigración e o referido ó trato que se lle dá a esa xente que busca mellores forma de vida fuxindo de países onde a violencia ou as carencias económicas impiden ter unha vida minimamente digna. Esta mensaxe contraponse cos feitos que hoxe acontecen en parte desta vella Europa onde os migrantes pasan de seren cidadáns a estaren sinalados como delincuentes que soamente veñen a estas terras a crear........
