Espartaco
Entre os anos 73 e 71 a. C., un escravo tracio -da terra balcánica situada ao norte do mar Exeo- atemorizaba a Roma encabezando unha rebelión que xa ía para dous anos. Era Espartaco, un gladiador mirmilón curtido na loita, co seu casco adornado co peixe “mormyros” -de aí o nome do púxil-, o “gladius” ou espada curta e o gran escudo dos lexionarios, contra outros combatentes nas areas dos anfiteatros. Seguramente é o escravo máis famoso da historia, precisamente por esta xesta bélica que liderou xunto con dous compañeiros de armas, Criso e Enomao. Durante dous longos anos encabezou un exército estimado entre 40.000 e 70.000 efectivos. Moitos eran campesiños descontentos, se ben nel se integraron numerosos gladiadores. Finalmente foron derrotados por tres exércitos lexionarios, o de Craso máis os reforzos das lexións de Pompeio e Lúculo, chegadas respectiva e apresuradamente de........
