Emprendedores da política ao rescate de Ourense
Gonzalo Pérez Jácome rexe o Concello a golpe de constante polémica. Namentres, PP, PSdeG e BNG opoñen contemporización, xesticulacións e queixas sen artellar alternativas concretas. Á cidade fáltalle vontade para identificar os problemas reais da veciñanza, primeiro, e despois ideas para atallalos con eficacia. Cadansúa franquicia partisana actúa por separado, atenta á batalla polos titulares, sen asumir que gobernar implica propoñer, imaxinar e ensaiar solucións acaídas. Faltan “emprendedores da política”, o perfil que o politólogo John Kingdon introduciu en Agendas, Alternatives, and Public Policies, como alguén capaz de recoñecer o momento en que conflúen un problema, unha solución dispoñible e a vontade de goberno, ao que o autor chama “ventá de oportunidade”. En Ourense ese acoplamento nunca chega porque ninguén o busca.
As políticas disruptivas son as que redeseñan con certa intelixencia mecanismos xa existentes, sen esixir grandes orzamentos. O concepto, que provén da innovación empresarial de Clayton Christensen, describe solucións sinxelas que chegan a quen o sistema deixaba fóra por custo ou complexidade. Aplicadas localmente, irían dunha bolsa de vivenda baleira que active para alugueiro pisos pechados, até unha moeda dixital que incentive o gasto no........
