Beiras, confesións indiscretas sobre un intelectual
Dada a estreita e íntima relación que se forxou ao longo da súa fecunda vida con Galicia ben podería ser Beiras un topónimo das terras de Compostela dada a osmose que se establece entre a toponimia e a terra. É por isto que me permito recoñecer a súa categoría intelectual recoñecendo, en definitiva, o título que lle ten outorgado o pobo galego. Deste xeito, un topónimo ancestral pecharía a súa órbita cun recoñecemento contemporáneo, conquistado en boa lide: opinou, non sen risco, en cousas de interese público con autoridade moral entre a elite.
Obviamente non son intelectuais todos os que interveñen na vida pública ou os que opinan por conta de terceiros, nin son intelectuais os que defenden verdades oficiais ou relixiosas nin os que conquistan a atención dun........
