menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A Plisan, os milicos e o carneiro (que non son eu)

14 0
28.05.2026

Os lexionarios co seu carneiro, Baraka. / Pablo Gamarra

Podería ser malo e dicir que, por fin, vinte e pico anos despois, a Plisan, o porto seco de Vigo —que non está en Vigo, senón entre Salvaterra e As Neves—, ten uso. E non, non como polígono industrial ou, como lles gusta dicir aos empresarios portuarios, como «terminal intermodal». Máis ben como pista de baile. Porque si, a Plisan foi o lugar que elixiron as nosas forzas armadas para ensaiar o desfile co que nos deleitarán o próximo sábado en Samil. Seica non atoparon ningún outro sitio o suficientemente grande e sen tráfico para que, como publica Patricia Casteleiro, marchasen 2.800 militares e un carneiro —isto último non sei se irá con segundas—.

Podería dicilo... e ata botabamos unhas risas. Pero fai tempo que a Plisan deixou de ser un ermo —ou, polo menos, unha parte do parque— para se converter noutro pulmón económico do sur de Galicia. E máis que o vai........

© Faro de Vigo