O mundo dos balbinos
Xosé López durante unha clase na Facultade de Ciencias da Comunicación / FdV
Son unha decimosexta. Ese é o título que me deu licenciarme en Xornalismo na USC no ano 2010, xunto ao resto da decimosexta promoción. Esta semana, nun deses grupos que aínda conservamos para poñernos ao día —e para salsear, tamén para salsear—, alguén compartiu a noticia da xubilación do catedrático Xosé López. Estou segura de que, nese mesmo instante, boa parte de nós volvemos a aquel edificio de Siza, con teitos tan altos como as expectativas coas que cruzamos a porta por primeira vez. Sentamos outra vez naquelas cadeiras de madeira........
