Yolanda Díaz rumbo a Xenebra: ela ascende e os seus tamén atopan acomodo
Hai noticias que non sorprenden, pero que igualmente indignan. O Goberno de Pedro Sánchez oficializou a candidatura de Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, para dirixir a Organización Internacional do Traballo. Sánchez presentouna como unha «honra» nas súas redes; ela mesma falou de representar «a España, Europa, o Sur Global e toda a comunidade internacional». Palabras grandilocuentes para quen, na casa, deixou case intacta boa parte da arquitectura laboral herdada da reforma de 2012.
A operación non é improvisada. A candidatura leva meses de preparación e Díaz mantivo contactos internacionais para procurar apoios antes de formalizala. Compite co actual director xeral, o togolés Gilbert Houngbo, que aspira á reelección. A votación está prevista para o 16 de novembro de 2026 e o mandato do novo director xeral comezará o 1 de outubro de 2027.
Tempo de sobra, camaradas, para que esta operación de imaxe se coza a lume lento mentres aquí seguimos falando de salarios insuficientes, precariedade e traballadores que chegan a fin de mes con enormes dificultades.
A maquillaxe que non engana a ninguén
Resulta case cómico —se non fose tan indignante— que quen aspira a presentarse como adalid do «traballo decente» no mundo se presente agora como referente internacional mentres en España segue aberto o debate sobre os límites reais das reformas laborais. A reforma de 2012 introduciu mecanismos que permitiron........
