Sacrificarse, non; arrastrarse, tampouco
A festa dos de riba, a factura dos de baixo
A macroeconomía vai coma un tiro. Os ricos son máis ricos, os bancos e as multinacionais presentan beneficios récord trimestre tras trimestre e, con todo, Feijóo sae a dicirnos que quen temos que facer sacrificios somos as traballadoras e os traballadores. Que temos que aguantar, mesmo traballar enfermos, e renunciar aos nosos dereitos para que a quen lle vai moi ben lle poida ir aínda mellor. Hai que ter cara.
Sacrificio? Para quen?
Din desde o PP que a esquerda non sabe sacrificarse. Por eles, desde logo que non. Tampouco polos multimillonarios. Se hai que sacrificarse, que sexa polos nosos fillos e fillas, polas nosas familias, pola xente máis necesitada e indefensa. Pero non por especuladores, non por ladróns, non........
