Para garantir as pensións, hai que subir os salarios: non existe outra fórmula
Dúas formas de garantir as pensións
Hai dúas maneiras de garantir as pensións. A primeira é a das oligarquías, a que realmente queren as dereitas: que se cobre menos pensión ou que traballemos máis anos, ata sermos ben velliños. Xa o dicía Aznar: xubilarnos máis alá dos 70, aos 72, 73 ou 74 anos, os que fagan falta. E practicamente acto seguido tocaranos morrer, supoño.
A única fórmula: dignificar o salario
A segunda maneira é exactamente a contraria. Para garantir as pensións hai que aumentar os salarios, e aumentalos moito. Os salarios son moi baixos, e a porcentaxe destes que vai destinada ás pensións non abonda........
