O xudaísmo non é sionismo, nin criticar Israel é odiar a ninguén
Unha confusión interesada
Confundir o xudaísmo co sionismo, e a crítica ao Goberno de Israel co antisemitismo, non é un erro: é unha manobra. Serve para blindar un Estado fronte a calquera denuncia e para deixar sen palabras quen se atreve a sinalar un crime. Ser antisionista non é ser antisemita. Máis aínda: quen de verdade combate o antisemitismo, unha lacra real e criminal, debería ser o primeiro en denunciar que se utilice como escudo para tapar unha ocupación, un apartheid e un xenocidio.
O xudaísmo é unha relixión e unha cultura milenaria. O sionismo é unha ideoloxía política nacida a finais do século XIX, con correntes moi distintas entre si: laborista, liberal, relixiosa e revisionista. O que hoxe goberna Israel é o sionismo de extrema dereita, aliado cos colonos, co aparello militar e cos partidos ultranacionalistas. Iso ten nome e apelidos, e pódese criticar sen odiar a ninguén.
Xudeus contra o Goberno de Israel
Millóns de xudeus no mundo, tamén dentro de Israel, rexeitan as políticas do seu Goberno, e non por iso son todos antisionistas. Hai, ademais,........
