menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O galego, arma de clase

29 0
19.09.2026

Non son o único traballador de cara ao público que, nalgún momento da súa vida, se sentiu agredido por usar o seu propio idioma, o galego, na súa propia terra. No meu caso, xa son 25 anos traballando de cara ao público en distintas empresas, e tiven que soportar actitudes irrespectuosas e intentos de humillación en demasiadas ocasións. Sempre son demasiadas, porque isto non debería suceder nunca.

Cando falar galego se converte nun problema

Cando un cliente me recrimina por falar en galego na Galiza, existe claramente un problema. Cando alguén se atreve a dicir que non me dirixa a el nesa «fala» e que o faga en español, o que está a facer é intentar denigrar o noso idioma, agredindo os galegofalantes na súa propia terra. E fano aproveitando, ademais, unha situación de vantaxe e superioridade, atacando a unha persoa que está a traballar e que non pode responder como sería debido.

Os galegofalantes atopámonos así cunha grande indefensión. Cando se vulnera o dereito fundamental a utilizar o galego na Galiza, non temos ferramentas legais reais para defendernos. É difícil manter a compostura cando alguén tenta humillar o teu idioma. Persoalmente, cando vexo que é xente de fóra, cambio ao castelán sen ningún problema —de feito, os estranxeiros adoitan ser os máis educados, e ata lles gusta escoitar a nosa........

© Tercera Información