Feijóo e Abascal son dous vividores do erario que nos dan leccións de traballo
Hai que ter a cara moi dura para dar leccións de esforzo desde un soldo público de toda a vida. E niso, Feijóo e Abascal son dous mestres.
O «cancro» das baixas
Alberto Núñez Feijóo pasou uns anos como funcionario e de aí saltou á política, da que vive desde entón. Agora, ante os empresarios vascos, cualificou de «cancro» as baixas laborais, cuestionou que quen está enfermo cobre o mesmo e suxeriu que, por riba dunha certa porcentaxe de baixas, «hai unha enorme fraude», sen achegar un só dato. E xa nos tiña agasallado aquilo de que as vacacións están «sobrevaloradas». Unha broma, dixo logo. Para quen nunca tivo que pedir permiso para ir ao médico nin contar os días de descanso, seguro que ten graza. É o mesmo que, tras fracasar na súa investidura, se consolou con aquilo de «non son presidente porque non quero». Hai que ser xeta para presumir de que non che deron os votos «porque non quixeches».
E, falando de xetas, en Mañaneros 360, de RTVE, Feijóo dixo que a súa campaña ía dirixida aos «currantes» e «non aos xetas». Ao pronunciar a palabra, o seu propio dedo apuntou cara a si mesmo, e as redes non perdoaron o lapso. Un home que vive do diñeiro público desde hai décadas ten o valor de repartir carnés de traballador.
Preguntádelle a calquera traballador dunha cadea de supermercados, dun almacén ou dunha fábrica cantas veces foi traballar enfermo por medo a perder o emprego ou a non chegar a fin de mes. Ninguén falta ao traballo por........
