menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Xenio e figura para a historia

10 0
09.10.2026

O falecemento de Xosé Manuel Beiras é, para os que estudamos en Compostela nos oitenta, algo máis ca unha noticia política. Era unha referencia xeracional. Cando o escoitei no cinema Capitol nunha campaña das autonómicas de 1985, ninguén do meu grupo tiña pensado votar por el. Mais a súa oratoria doutro tempo e a súa retranca engaiolaba: máis dun mudou de opinión. Por baixo da súa paixón oratoria latexaba un fondo pensamento, unha notábel sutileza teórica, e un corazón galeguista que abofé lle viña tamén da súa socialización familiar e estudantil, naquela Compostela dos anos escuros que describiu o seu amigo Xosé L. Franco Grande. A segunda vez que o escoitei foi nun ateigado teatro de Ourense no 1993. Mesmo a miña tía,........

© La Voz de Galicia