Crise de expectativas
Un dos problemas máis graves que nestes tempos sofren as sociedades occidentais é a desigualdade: esa fenda entre clases que se agranda de xeito aparentemente imparable e empeza a deixar fóra do sistema a amplos sectores da poboación, principalmente xente nova. A vivenda é un factor, pero non o único. O acceso á educación, a calidade da mesma, os servizos públicos, os salarios, a atención sanitaria son variables que interfiren e complementan un conxunto cada vez máis complexo que se radicaliza. A psicoloxía social apunta un aspecto que os estudos de opinión pública hai tempo que empezan a considerar: o que denominamos «crise de expectativas».
En que consiste? En que cada xeración, e cada........
