A tecnoloxía da guerra
Segundo a tradición, o primeiro morto por arma de fogo en Galicia foi o señor Tristán de Montenegro, na defensa da cidade de Pontevedra contra o asedio de Pedro Madruga en 1479. Un disparo de arcabuz. A lenda di que o levaron ferido de morte dende o adarve da muralla ata o pazo dos Mariño de Lobeira, na praza da Pedreira, e que foi aló onde agonizou e morreu. Durante anos ardeu unha cadea na fiestra do cuarto da agonía, honra que os pontevedreses lle fixeron. Daquela considerábase unha vergonza para a cabalería utilizar arcabuces ou espingardas no combate, na medida en que privaban o enfrontamento físico, corpo a corpo, e permitían distanciarse do inimigo, ou mesmo agocharse. Nunca se soubo o........
